O'Barreiro, Ermedelo, Rois
A Coruña - España
Teléfonos: 610 256 091
                  981 888 533
                  981 888 822
                  981 515 306
Fax:            981 888 787
contactar@casadaroisa.com

Tarifas

O prezo da casa completa en temporada baixa por cada día de ocupación é de 250 €., toallas de piscina e almorzo incluído para seis persoas e 220 € sen almorzo. En temporada alta é de 300 € toallas de piscina e almorzo incluído para seis persoas e 260 € sen almorzo.

Para estancias por semana o prezo en temporada baixa sen almorzo con servizo de limpeza xeral incluido as habitacións e cambio de toallas diario é de 1500 € e con almorzo para seis persoas é de 1700€. Na temporada alta o prezo sen almorzo con servizo de limpeza xeral incluido as habitacións e cambio de toallas diario é de 1750 € e con almorzo para seis persoas é de 1950€. 

Prezo por noite e por persoa, so en tempada baixa, con estancia compartida sin almorzo: Cuarto O Cuberto, 55 €, cuartos Corredoira e A Fonte, 45 €.

Tamén pode reservar unicamente o salón Agro do Pouso en tempada baixa por 150 € ó día con capacidade máxima para 30 persoas e 180 €  ó día en tempada alta.
No salón Agro do Pouso a posta de mantelería, panos e louza, terá un sobrecusto de 40 €. As toallas de piscina se son solicitadas o seu custe de aluguer será de 3 €. por persoa.

No caso de desexalo dispoñemos dun servizo de comidas e ceas típicas, todo caseiro, estas deberán de encargarse con 24 horas de antelación, consúltenos

O aluguer dunha bicicleta será de 5 €. por día.

Excursións en coche de época según  itinerario (consultar).

O almorzo inclue zume de laranxa, cacao, café, té ou leite pura de vaca da zona, bolleria, queixo, mermelada e matequilla.

A temporada alta considerase sempre os meses de xuño, xullo, agosto, setembro, deciembro e Semana Santa. O resto considerase temporada baixa.

Prezos con I.V.E. incluído.

Métodos de pago

- Transferencia bancaria (Ver número de conta)

- Con tarxeta de crédito usando o servicio de pago electrónico do BBVA (Ver páxina de pago)


Política de reserva

Para que sua reserva sexa efectiva, deberá ingresar o 20% do importe total da estancia, que se lle descontara do total da factura. Para facer esta se lle facilitara un número de conta bancaria por correo electrónico.

Politica de cancelación